Mateblog Agra de Raíces
As matemáticas posúen non só a verdade, senón certa beleza suprema. Unha beleza fría e austera, como a dunha escultura. Bertrand Russell
16.2.12
Números enteiros 1º ESO
Empezando números enteiros, tarefa complicada para os alumnos de 1º, por iso os de reforzo terán aquí un recurso entretido para practicar. Pincha neste enlace e levarache a unha entrada antiga deste blog que che conectará no novo mundo dos números!!
8.2.12
Intervalos de números reais
Explicacións teóricas en vitutor e exercicios interactivos de intervalos para 3º ESO, vía proxecto Descartes.
4.2.12
Empezamos con álxebra en 2ºESO
A álxebra é unha rama das matemáticas que relaciona letras con números para identificar expresións da nosa linguaxe cotiá. É descoñecida e nova totalmente para vós, entón convén empezar amodiño e de forma divertida. Por iso deixo aquí un vídeo explicativo dos nosos amigos Troncho e Poncho que vos van a explicar como entenden eles a linguaxe alxébrica.Tamén podedes practicar facendo estes test, son sinxelos e xa se corrixen directamente.
Valor numérico, suma e resta de monomios, monomios semellantes.
Todo este material é recollido excelente páxina de amolasmates que o comparte con todos nós, graciñas!!!
3.2.12
Proba ámbito matemático-avaliación de diagnóstico
A Consellería de Educación convoca, cara o mes de maio, as probas de avaliación de diagnóstico para todo o alumnado galego de 2º de ESO co fin de avaliar o noso sistema educativo. Tedes aquí a proba de matemáticas do 2010 para que vexades o modelo de exame, é longo pero sinxelo.
23.1.12
Repasando proporcionalidade en 2º ESO

Un novo e último boletín de traballo para que repasedes antes do exame. Pinchade na seguinte ligazón e coma sempre descargade a ficha e estudade moito!!!
Revisade ademais esta viñeta e opinade sobre o que di o alumno....20.1.12
Sistemas de ecuacións 3ºESO
17.1.12
11.1.12
Procura o erro no seguinte problema!!
Este nadal comprei nunha tenda o mesmo número de libros que de axendas.Os libros (L) custáronme 2 billetes de 10€ cada un deles e as axendas (A) 6 billetes de 10€ cada unha. Gastei en total corenta billetes de 10 €.
Aceptando que a seguinte ecuación é correcta e está expresada en billetes de 10€:
2 · L +6 · A =40 Que está mal no seguinte razoamento?
2 · L +6 · A =40 como L = A pódese escribir
2 · L +6 · L =40, logo: 8 · L = 40
Esta última ecuación di que 8 libros é igual a 40 billetes de 10 euros. Logo, un libro custa 5 billetes de 10 euros.
Vía Mates y+, portal con contido matemático.
Aceptando que a seguinte ecuación é correcta e está expresada en billetes de 10€:
2 · L +6 · A =40 Que está mal no seguinte razoamento?
2 · L +6 · A =40 como L = A pódese escribir
2 · L +6 · L =40, logo: 8 · L = 40
Esta última ecuación di que 8 libros é igual a 40 billetes de 10 euros. Logo, un libro custa 5 billetes de 10 euros.
Vía Mates y+, portal con contido matemático.
21.12.11
Vacacións de Nadal
Imos de vacacións ata o día 9 pero non sen deixar algo para facer, tedes na pestana Modelos de Exames os exames do 1º trimestre de todos os grupos, non estaría de mal repasar.
8.12.11
Alxebra 4º ESO
A unidade de álxebra de 4º ESO comenza con un respaso a todos os contidos impartidos ata o momento, repasamos isto a través dos seguintes exercicios interactivos. Pincha na foto e investiga do que te acordas.
Outra opción de repaso é facer o exame dos mesmos contidos correspondente ó curso anterior, está aquí publicado, entra e intenta facelo.
5.12.11
PROPORCIONALIDADE
Que entendes por proporcionalidade?
Hoxe traballaremos con exercicios interactivos esta unidade.
Pincha no seguinte enlace e empeza a traballar!!
Para reforzar repasamos no librointeractivo de Anaya publicado en amolasmates e en e-matemáticas.
6.10.11
APRENDER A ESTUDAR
Facendo uso do material elaborado polo profesor Raúl Martínez de Móstoles e compartido por Diego Sobrino no seu blog, traballaremos as Técnicas de Estudo en 2º ESO enfocadas a tomar apuntes, mellorar o entorno de traballo, etc. Pinchade na imaxe e accederedes ó material.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)