5.2.15

SÍ SÍ SÍ GAÑAMOS O CONCURSO WikinformáticA

A mediados de novembro a Facultade de Informática da Universidade da Coruña convocou o concurso Wikinformática destinado a estudantes galegos de educación secundaria.
Decidimos participar con 3 equipos, Hipatia, Wonenburger e Gauss formados por alumnas e alumnos de 1º de bacharelato que cursan a materia de TIC.
O concurso mostraba ó alumnado 11 fotos de mulleres científicas que eles precisaban descubrir quen eran para posteriormente elaborar unha wiki en galego con eses datos, participaron connosco no proxecto 19 equipos máis compostos por case 300 alumnos de toda Galicia saíndo a deliberación do xurado durante a celebración da Semana de Anita Borg na Coruña e foi aí onde nos deron a gran noticia, o grupo HIPATIA gañou o 1º PREMIO DO CONCURSO, aínda non conformes con isto, ó equipo Wonenburger adicáronlle unha mención especial ó seu traballo.
 EQUIPO HIPATIA: María Lago, Sofía Trillo, Daysi Güiracocha, Lara Lema, Aitor Calo , Alba Trillo e Iván Barrientos coa profe de TIC.
EQUIPO WONENBURGER: Pablo Ríos, Isabel Sixto, Sonia López(profe de TIC), María González, Estefanía Toja, José Miguel Caamaño e Cristian Martínez.


ESTAMOS ENCANTADOS, GRAZAS, GRAZAS GRAZAS!!!
Noticias relacionadas: Quepasanacosta
                                    O Correo Galego
                                                                Post no facebook de Agra Solidario

1 comentario:

Anónimo dijo...

Felicidades, felicidades, felicidades!!!