Mostrando entradas con la etiqueta barrie. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta barrie. Mostrar todas las entradas

29.5.15

Visita de 4º ESO OpA

Hoxe visitaron a exposición os alumnos e alumnas de 4º ESO, Matemáticas aplicadas, a actividade proposta para eles consistía en revisar as esopías e cada unha ds fotografías para logo elixir unha delas e facer en grupos un pequeno proxecto sobre os contidos matemáticos que aparecían nesa foto. Os grupos que elixiron unha foto no que o que se representa é algo descoñecido para eles matemáticamente farán unha pequena investigación sobre o que alí aparece explicado. Logo expoñeremos publicamente eses proxectos.


27.5.15

O Agra de Raíces está de sorte!!

Durante dúas semanas o noso instituto conta coa Exposición de Fotografías Matemáticas e Esopías cedida pola Fundación Barrié. 
A exposición consta de 5 tótems verticais nos que se mostran:

- 48 Esopías (relatos ou poemas cunha lonxitude máxima de 140 carácteres e onde cada unha das palabras utilizadas ten un número de letras igual ás sucesivas cifras do número pi).

- 24 Fotografías Matemáticas (imaxes gráficas comentadas que resaltan a través de fotografías a presenza constante de elementos matemáticos ao noso ao redor para poñer de manifesto a súa utilidade na nosa vida cotiá).


Ata hoxe, xa desfrutaron da Exposición os alumnos e alumnas de 2ºESO A que logo de tratallar na aula coa súa proferosa o significado de esopía, as matemáticas na natureza e outros lugares, souberon interpretar todas as fotografías e relatar algo sobre elas antes de revisar o texto. En todos os casos detectaron os contidos matemáticos alí reflectidos, aínda que non sempre do mesmo xeito que o fixo o autor.