Neste enlace aparece unha recompilación de actividades que deberíades facer para mellora-los contidos da 2ª avaliación de matemáticas.
As matemáticas posúen non só a verdade, senón certa beleza suprema. Unha beleza fría e austera, como a dunha escultura. Bertrand Russell
Mostrando entradas con la etiqueta 2ESO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta 2ESO. Mostrar todas las entradas
20.2.15
ECUACIONS 2º ESO
Deixovos aquí unhas ligazóns novas para que practiquedes de xeito interactivo resolver as ecuacións de primeiro grado.
Vitutor
Ecuacións sinxelas amolasmates
Ecuacións de 1º grao máis complexas
Autoavaliación
Vitutor
Ecuacións sinxelas amolasmates
Ecuacións de 1º grao máis complexas
Autoavaliación
28.3.14
Ecuacións 2º ESO
Boletín con moitos problemas de ecuacións de 1º grao para que repasedes.
Nota: este non é o boletín que vos ensinei na clase, está aumentado, antes eran 5 problemas e agora son 11. Engadín máis para que teñades material para repasar porque os problemas cústanvos moito, para o xoves facede só os 5 primeiros para entregar, o resto son para practicar vós e para corrixir na clase. Os que xa fixéchedes os 5 primeiros, seguide cos outros.
Nota: este non é o boletín que vos ensinei na clase, está aumentado, antes eran 5 problemas e agora son 11. Engadín máis para que teñades material para repasar porque os problemas cústanvos moito, para o xoves facede só os 5 primeiros para entregar, o resto son para practicar vós e para corrixir na clase. Os que xa fixéchedes os 5 primeiros, seguide cos outros.
12.3.14
Ecuacións
Bos días a todas e a todos, unha vez rematadas as expresións alxébricas empezamos con ecuacións. O primeiro paso será visualizar o vídeo dos nosos amigos Troncho e Poncho onde o deixamos e logo empezar a explicar os contidos de ecuacións e practicar. Recordade que na etiqueta ecuacións abaixo á dereita podedes seleccionar varias entradas.
24.2.14
Rematamos a explicación de contidos de expresións alxébricas
Sabedes que na pestana de exames están probas de cursos anteriores correspondentes a cada unidade, da parte de expresións alxébricas hai varias, deixovos aquí algún enlace para facilitarvos a búsqueda.
- Proba 2012-2013.
- Exercicios para reforzar.
Todas e todos a estudar!!!!!
- Proba álxebra 2011-2012.- Proba 2012-2013.
- Exercicios para reforzar.
7.2.14
Alxebra 2º ESO
Para comodidade dos alumnos e alumnas de 2º ESO coloco entrada de álxebra para repasar, é neste mesmo blog pero para non liarvos entrades directamente dende aquí.
5.12.13
Rematando o 1º trimestre
Estamos a piques de rematar o 1º trimestre e esta última unidade avaliarase para a próxima semana, é por esto que vos deixo aquí o repaso da mesma. Se non vos abre este, que o dubido, deixovos aquí outro enlace.
22.11.13
Modelo exame 2º
Enlace a modelo de exame de fraccións de 2ºESO, repasádeo a ver se vos sae ben, nese caso non ides a ter problema no exame da próxima semana.
15.11.13
Repaso fraccións 2º ESO
Estades tendo moitos erros en operacións con fraccións, así que : todos a repasar!!!!!!!!!!!
Deixovos un enlace a un pequeno boletín de exercicios no que non deberíades ter ningún fallo, así que a facelo con calma na casa para corrixir aquí o luns.
Deixovos un enlace a un pequeno boletín de exercicios no que non deberíades ter ningún fallo, así que a facelo con calma na casa para corrixir aquí o luns.
29.10.13
Exames 2º ESO
Recordade que debedes resolver no caderno o exame de números enteiros que xa fixemos, está colgado nesta ligazón na pestana exames e aí en Exames 2º de ESO buscades o de Números enteiros de 2ºA ou 2ºC según corresponda.
22.10.13
Fraccións 2º de ESO
Empezamos con fraccións!!! No seguinte enlace tedes varios apartados para repasar fraccións que se corresponden con contidos de 1º de ESO, probade se vos acordades do curso pasado.
Se vedes que controlades eses apartados, probade a facer os exercicios correspondentes a 2º de ESO , apartado 2 desta páxina de amolasmates.
Se vedes que controlades eses apartados, probade a facer os exercicios correspondentes a 2º de ESO , apartado 2 desta páxina de amolasmates.
25.9.13
Números enteiros
Estamos aínda empezando o curso e algúns alumnos de 2º de ESO xa se ven agobiados que non lle saen os exercicios, así que para que para reforzar isto deixo aquí un boletín de traballo para que fagades e así practicar. Logo xa falamos na clase de como corrixilo ou se o entregades para corrixir eu.
Enlace ó boletín de reforzo!!
Ademais recórdovos que na columna da dereita cara abaixo están as etiquetas e se aí pulsades enteiros tamén tedes material para practicar.
Ademais recórdovos que na columna da dereita cara abaixo están as etiquetas e se aí pulsades enteiros tamén tedes material para practicar.
13.5.13
Proba de avaliación de diagnóstico
Como cada ano, en maio teremos a coñecida Avaliación de diagnóstico en 2º de ESO, así que para facervos unha idea do modelo de proba temos un enlace ó IES de Pastoriza que pasou a proba a modelo interactivo e así podemos traballar cos ordenadores do alumnado.
Proba Competencia Matemática 2009
Proba CompetenciaMatemática 2010
Neste mesmo blog, en etiquetas diagnóstico tedes colgada en pdf a proba do 2011, botádelle unha ollada.
Proba Competencia Matemática 2009
Proba CompetenciaMatemática 2010
Neste mesmo blog, en etiquetas diagnóstico tedes colgada en pdf a proba do 2011, botádelle unha ollada.
Semellanza. Teorema de Thales
Para rematar esta unidade e repasar a fondo usaremos os recursos do repositorio abalar incrementados recentemente con actividades feitas por dous compañeiras. Hai explicacións , actividades interactivas e un modelo de proba para autoavaliarte así que entra neste enlace ou no repositorio de recursos abalar en xeometría 2º de ESO e a traballar!!!!21.3.13
Repaso 2ª avaliación!!
Deixovos aquí tres enlaces a cada un dos boletíns de repaso de cada curso. Os boletíns están compostos por exercicios de exames feitos nesta avaliación, por iso ás veces vai haber no mesmo boletín varios exercicios 1, neste caso quere dicir que foron de varios exames. Os que non superáchedes á avaliación ou a superación é condicional debedes entregalos feitos á volta das vacacións e os demais non sobraria que os fixerades e se tedes algunha dúbida consultala. Boas vacacións!!!!
Repaso 2º ESO 2ªAvaliación
Repaso 3º ESO 2ªAvaliación
Repaso 4º ESO OpcA 2ª Avaliación
Repaso 2º ESO 2ªAvaliación
Repaso 3º ESO 2ªAvaliación
Repaso 4º ESO OpcA 2ª Avaliación
4.2.13
Repaso identidades notables
Neste enlace hai unha proba de identidades notables, sería un modelo de exame só de identidades para o nivel de 2º de ESO. Non obstante non sobraría que os alumnos de 3º e 4º pasárades por aquí e vos sentárades un momento a facer estes exercicios, quizais vos veña ben para repasar o que nos vosos cursos tería que ser obvio e que parece que non é tan obvio.
Pincha neste enlace e descarga os exercicios
23.11.12
Proporcionalidade: Troncho e Poncho
Aquí queda un vídeo dos coñecidos Troncho e Poncho, pero neste caso falan de proporcionalidade!!!
Pinchade neste enlace de amolasmates que nos permiten traballar cos seus contidos.
Pinchade neste enlace de amolasmates que nos permiten traballar cos seus contidos.
Etiquetas:
2ESO,
proporcionalidade,
tronchoponcho
16.10.12
Recordamos o afundimento do Prestige
Imaxe Cabeceira Elpaís.com
O 2 de Novembero cúmprense 10 anos da catástrofe do Prestige na nosa Costa, e ademais estase a celebrar o xuízo polo afundimento do barco na Coruña durante estes meses . Os nosos alumnos de 2º e 3º de ESO tiñan nesa data entre 3 e 5 anos e aínda que todos están informados e saben perfectamente o que aconteceu, queremos repasar na aula datos concretos da maior catástofre ecolóxica vivida en Galicia. Para iso o Dpto de Matemáticas realizou unha actividade con datos reais para traballar nas aulas á vez que se repasan contidos da unidade de fraccións e porcentaxes. Grazas Jose Lago por compartir esta actividade co Dpto!!!!
(Neste enlace tedes a actividade en PDF porque na imaxe non se ve moi ben e pode resultar incómodo para traballar con ela)
(Neste enlace tedes a actividade en PDF porque na imaxe non se ve moi ben e pode resultar incómodo para traballar con ela)
3.10.12
Potencias con Troncho e Poncho
Repaso de operacións con potencias para 2º de ESO cos divertidos Troncho e Poncho. Pinchade no enlace e veredes o vídeo explicativo.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)









