A exposición consta de 5 tótems verticais nos que se mostran:
- 48 Esopías (relatos ou poemas cunha lonxitude máxima de
140 carácteres e onde cada unha das palabras utilizadas ten un número de letras
igual ás sucesivas cifras do número pi).
- 24 Fotografías Matemáticas (imaxes gráficas comentadas que
resaltan a través de fotografías a presenza constante de elementos matemáticos
ao noso ao redor para poñer de manifesto a súa utilidade na nosa vida cotiá).
Ata hoxe, xa desfrutaron da Exposición os alumnos e alumnas
de 2ºESO A que logo de tratallar na aula coa súa proferosa o significado de
esopía, as matemáticas na natureza e outros lugares, souberon interpretar todas
as fotografías e relatar algo sobre elas antes de revisar o texto. En todos os
casos detectaron os contidos matemáticos alí reflectidos, aínda que non sempre
do mesmo xeito que o fixo o autor.
No hay comentarios:
Publicar un comentario