Mostrando entradas con la etiqueta diagnostico. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta diagnostico. Mostrar todas las entradas

25.4.14

ACTIVIDADES SEMANA CULTURAL

Bos días a todas e a todos, esta semana hai un par de sesións de matemáticas nas que eu non poido estar por acudir á Excursión de fin de curso dos vosos compañeiros de 4º de ESO a Londres
e nas que non hai fixadas ningunha actividade cultural, é por isto que vos deixo aquí un traballiño.
Como xa escoitáchedes en varias ocasións, proximamente levarase a cabo a coñecida Avaliación de diagnóstico, así que aquí deixovos un enlace para que fagades unha delas de xeito on line. Pinchade aquí e ide segundo os pasos que vos indica, espero que non vos resulte dificultosa.
No caso de rematar esa proba, hai nestas ligazóns máis probas doutros anos, aquí tamén podedes ver como son os modelos de caderniños como os que vos van a dar a vós para cubrir.
Proba avaliación de diagnóstico competencia matemática 2009.
Proba competencia matemática.
Proba 2001.
A traballar!!!!

13.5.13

Proba de avaliación de diagnóstico

Como cada ano, en maio teremos a coñecida Avaliación de diagnóstico en 2º de ESO, así que para facervos unha idea do modelo de proba temos un enlace ó IES de Pastoriza que pasou a proba a modelo interactivo e así podemos traballar cos ordenadores do alumnado.
Proba Competencia Matemática 2009
Proba CompetenciaMatemática 2010
Neste mesmo blog, en etiquetas diagnóstico tedes colgada en pdf a proba do 2011, botádelle unha ollada.

3.2.12

Proba ámbito matemático-avaliación de diagnóstico

A Consellería de Educación convoca, cara o mes de maio, as probas de avaliación de diagnóstico para todo o alumnado galego de 2º de ESO co fin de avaliar o noso sistema educativo. Tedes aquí a proba de matemáticas do 2010 para que vexades o modelo de exame, é longo pero sinxelo.