Hoxe visitaron a exposición os alumnos e alumnas de 4º ESO, Matemáticas aplicadas, a actividade proposta para eles consistía en revisar as esopías e cada unha ds fotografías para logo elixir unha delas e facer en grupos un pequeno proxecto sobre os contidos matemáticos que aparecían nesa foto. Os grupos que elixiron unha foto no que o que se representa é algo descoñecido para eles matemáticamente farán unha pequena investigación sobre o que alí aparece explicado. Logo expoñeremos publicamente eses proxectos.
As matemáticas posúen non só a verdade, senón certa beleza suprema. Unha beleza fría e austera, como a dunha escultura. Bertrand Russell
Mostrando entradas con la etiqueta 4ESO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta 4ESO. Mostrar todas las entradas
29.5.15
19.5.15
FUNCIÓNS 4º ESO MATEMÁTICAS APLICADAS
Estamos estas semanas explicando os contidos do bloque de funcións de Mate aplicadas de 4º e para entender mellor estas unidades deberíades botar unha ollada ós apuntamentos de 3º de ESO onde se tratan funcións. Para que vos sexa máis sinxelo tedes aquí un recompilatorio dos contidos máis importantes das Unidades de Funcións de 3º e 4º, se tendes claros os contidos tratados nestes apuntes non haberá problema para entender este bloque.
10.11.14
Repaso radicais 4º Opc A
No modelo de exame que aparece neste enlace, a partires da pregunta 5, están as cuestións correspondentes a radicais que podedes facer e iremos corrixindo na clase. Tamén podedes facer a pregunta 2 e 3 do exame de 4º Opc B, posto que coinciden os contidos.
26.10.14
Modelo de exame 4ºESO OpcA
Como podedes comprobar non colguei o modelo de exame o venres, pídovos desculpas e se non o vedes non pasa nada, facémolo o luns. Está aloxado neste enlace.
30.4.13
FUNCIÓNS 4º ESO Opción A
Podedes descargar de aquí os apuntes da novo bloque que imos impartir, trátase de recordar de 3º e tamén estudar novos conceptos de Funcións. Pinchade no seguinte enlace e podedes descargar os apuntes, se vedes que non se ven pulsade descargar. A traballar!!!!!!!!!!!!Deixovos aquí un enlace para practicar nunha páxina interactiva algunhas cousiñas sobre funcións.
21.3.13
Repaso 2ª avaliación!!
Deixovos aquí tres enlaces a cada un dos boletíns de repaso de cada curso. Os boletíns están compostos por exercicios de exames feitos nesta avaliación, por iso ás veces vai haber no mesmo boletín varios exercicios 1, neste caso quere dicir que foron de varios exames. Os que non superáchedes á avaliación ou a superación é condicional debedes entregalos feitos á volta das vacacións e os demais non sobraria que os fixerades e se tedes algunha dúbida consultala. Boas vacacións!!!!
Repaso 2º ESO 2ªAvaliación
Repaso 3º ESO 2ªAvaliación
Repaso 4º ESO OpcA 2ª Avaliación
Repaso 2º ESO 2ªAvaliación
Repaso 3º ESO 2ªAvaliación
Repaso 4º ESO OpcA 2ª Avaliación
4.2.13
Repaso identidades notables
Neste enlace hai unha proba de identidades notables, sería un modelo de exame só de identidades para o nivel de 2º de ESO. Non obstante non sobraría que os alumnos de 3º e 4º pasárades por aquí e vos sentárades un momento a facer estes exercicios, quizais vos veña ben para repasar o que nos vosos cursos tería que ser obvio e que parece que non é tan obvio.
Pincha neste enlace e descarga os exercicios
3.10.12
Operacións con potencias 3º e 4º ESO
No seguinte enlace hai exercicios de operacións con potencias para simplificar que vos poden axudar a repasar exercicios para as probas de clase, pincha aquí e practica potencias.
26.9.12
Benvida ó curso 2012-2013
Un curso máis no Agra de Raíces!! benvidas e benvidos ó recuncho das matemáticas, tanto para os que xa o frecuentades como para o novo alumnado. Iremos publicando aquí todo o referente a novidades do curso.
Estes días empezamos explicando os contidos mínimos de cada materia, obxectivos que tedes que cumprir e os criterios e procedementos de avaliación, por se queredes volver a consultalos recórdovos que están colgados na pestana deste blog Programación Didáctica.
Ánimo a todas e a todos e esperemos ter un bon curso matemático!!!!!
5.5.12
BLOQUE DE FUNCIONS 4º ESO Op A
Deixovos aquí algúns enlaces interesantes para que pidades ollear.
Puntos, gráficas y funciones.
Funciones con JClic
8.12.11
Alxebra 4º ESO
A unidade de álxebra de 4º ESO comenza con un respaso a todos os contidos impartidos ata o momento, repasamos isto a través dos seguintes exercicios interactivos. Pincha na foto e investiga do que te acordas.
Outra opción de repaso é facer o exame dos mesmos contidos correspondente ó curso anterior, está aquí publicado, entra e intenta facelo.
11.2.11
INTERNET SEGURA
No mes de febreiro coma sempre celébrase o día da seguridade en internet, antes de colgar algo en internet, PÉNSAO,antes de contar algo que non queres que se saiba,PÉNSAO tamén...INTERNET NON É UN XOGO, É A TÚA VIDA...TÉS PRIVACIDADE NAS REDES SOCIAIS??..
Todos estes temas están tratados dalgunha maneira nestes vídeos, pincha na imaxe e vés o vídeo en cada caso.
Revisarémolos na clase de informática, comentarémolos e faremos unha reflexión, se vós queredes comentar algo tedes a oportunidade aquí.
No blog da biblioteca hai enlaces interesantes sobre este tema, infórmate na entrada internet segura.
Internet segura 2011

Internet segura 2010

INTERNET SEGURA 2009

Tés privacidade de verdade??

Todos estes temas están tratados dalgunha maneira nestes vídeos, pincha na imaxe e vés o vídeo en cada caso.
Revisarémolos na clase de informática, comentarémolos e faremos unha reflexión, se vós queredes comentar algo tedes a oportunidade aquí.
No blog da biblioteca hai enlaces interesantes sobre este tema, infórmate na entrada internet segura.
Internet segura 2011

Internet segura 2010

INTERNET SEGURA 2009

Tés privacidade de verdade??

Suscribirse a:
Entradas (Atom)



