Mostrando entradas con la etiqueta enteiros. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta enteiros. Mostrar todas las entradas

29.10.13

Exames 2º ESO

Recordade que debedes resolver no caderno o exame de números enteiros que xa fixemos, está colgado nesta ligazón na pestana exames e aí en Exames 2º de ESO buscades o de Números enteiros de 2ºA ou 2ºC según corresponda.

25.9.13

Números enteiros

Estamos aínda empezando o curso e algúns alumnos de 2º de ESO xa se ven agobiados que non lle saen os exercicios, así que para que para reforzar isto deixo aquí un boletín de traballo para que fagades e así practicar. Logo xa falamos na clase de como corrixilo ou se o entregades para corrixir eu.
Enlace ó boletín de reforzo!!
Ademais recórdovos que na columna da dereita cara abaixo están as etiquetas e se aí pulsades enteiros tamén tedes material para practicar.

16.2.12

Números enteiros 1º ESO

Empezando números enteiros, tarefa complicada para os alumnos de 1º, por iso os de reforzo terán aquí un recurso entretido para practicar. Pincha neste enlace e levarache a unha entrada antiga deste blog que che conectará no novo mundo dos números!!

24.1.10

Os Números Enteiros, 1ºESO

Imos ver se entendemos ben os números enteiros, entrade e probarémolo.
Vía materiais e recursos de matemáticas do IES da Pobra, graciñas.