16.10.12

Recordamos o afundimento do Prestige

Imaxe Cabeceira Elpaís.com
O 2 de Novembero cúmprense 10 anos da catástrofe do Prestige na nosa Costa, e ademais estase a celebrar o xuízo polo afundimento do barco na Coruña durante estes meses . Os nosos alumnos de 2º e 3º de ESO tiñan nesa data entre 3 e 5 anos e aínda que todos están informados e saben perfectamente o que aconteceu, queremos repasar na aula datos concretos da maior catástofre ecolóxica vivida en Galicia. Para iso o Dpto de Matemáticas realizou unha actividade con datos reais para traballar nas aulas á vez que se repasan contidos da unidade de fraccións e porcentaxes. Grazas Jose Lago por compartir esta actividade co Dpto!!!!
(Neste enlace tedes a actividade en PDF porque na imaxe non se ve moi ben e pode resultar incómodo para traballar con ela)



No hay comentarios: