11.1.12

Procura o erro no seguinte problema!!

Este nadal comprei nunha tenda o mesmo número de libros que de axendas.
Os libros (L) custáronme 2 billetes de 10€ cada un deles e as axendas (A) 6 billetes de 10€ cada unha. Gastei en total corenta billetes de 10 €.
Aceptando que a seguinte ecuación é correcta e está expresada en billetes de 10€:
2 · L +6 · A =40 Que está mal no seguinte razoamento?

2 · L +6 · A =40 como L = A pódese escribir

2 · L +6 · L =40, logo: 8 · L = 40

Esta última ecuación di que 8 libros é igual a 40 billetes de 10 euros. Logo, un libro custa 5 billetes de 10 euros.
Vía Mates y+, portal con contido matemático.

No hay comentarios: