Xornadas no centro multimedia de Santiago que inclúe un conxunto de presentacións dalgunhas das principais novidades en tecnoloxías da fala e mais da información e da comunicación en galego. Entre elas inclúense ferramentas de corrección de textos, recursos para asentar un estándar oral para o galego, programas informáticos, dicionarios en liña, materiais para a etapa infantil en internet, recursos audiovisuais na rede e os últimos títulos en libro electrónico.
A ver se pronto as podemos empregar no noso centro como recurso educativo e académico.
No hay comentarios:
Publicar un comentario