24.11.14

Cumbia matemática!!

Grazas a JoseMate por recomendarnos este vídeo tan divertido: Cumbia Matemática!!!

18.11.14

Imos a Madrid

Alex e Adrián queren ir a Madrid, chegan á estación de tren e atópanse con varios paneis que indican Llegadas, Salidas, Horarios, etc. Acércanse a un dos paneis e teñen deducir: a que hora sae o primeiro tren para Madrid?, en que vía está? e cal é o número do traxecto ou tren?

Unha vez rematado esto, supoñede que ides a unha estación de tren e estades esperando para recoller a un amigo íntimo que vén de Pontevedra, a que hora chega?, en que número de tren vén?, a que vía chega o tren do teu amigo?


As matemáticas son para sempre

Fermoso vídeo dunha conferencia do profesor Eduardo Sáenz de Cabezón, matemático e profesor da Universidad de La Rioja. Graciñas a Bibliotecas Escolares por compartilo con todos.

10.11.14

Divisibilidade: reforzo 1º ESO

Repasamos divisibilidade con estas pequenas cuestións, COIDADO!! lede ben antes de contestar.
Ó rematar, entra no libro interactivo de Anaya e continúa repasando divisibilidade.

Repaso radicais 4º Opc A

No modelo de exame que aparece neste enlace, a partires da pregunta 5, están as cuestións correspondentes a radicais que podedes facer e iremos corrixindo na clase. Tamén podedes facer a pregunta 2 e 3 do exame de 4º Opc B, posto que coinciden os contidos.

26.10.14

Modelo de exame 4ºESO OpcA

Como podedes comprobar non colguei o modelo de exame o venres, pídovos desculpas e se non o vedes non pasa nada, facémolo o luns. Está aloxado neste enlace.

15.9.14

Benvida a 2º ESO A


Un curso máis no Agra de Raíces!! benvidas e benvidos ó recuncho das matemáticas, tanto para os que xa o frecuentades como para o novo alumnado. Iremos publicando aquí todo o referente a novidades do curso.
Estes días empezamos explicando os contidos mínimos de cada materia, obxectivos que tedes que cumprir e os criterios e procedementos de avaliación, por se queredes volver a consultalos recórdovos que están colgados na pestana deste blog Programación Didáctica.
Ánimo a todas e a todos e esperemos ter un bon curso matemático!!!!!

14.5.14

Tarefas 2º ESO

Na pestana de exames deste blog, ou mesmo neste enlace  elixide os exames que se chaman XEOMETRÍA e aí facer os seguintes: en xeometría 1 facer os exercicios 4 e 5, en  xeometría 2 facer o exercicio 2, 4 e 6 e en xeometría 3 facer os exercicios 3 e 4.

25.4.14

ACTIVIDADES SEMANA CULTURAL

Bos días a todas e a todos, esta semana hai un par de sesións de matemáticas nas que eu non poido estar por acudir á Excursión de fin de curso dos vosos compañeiros de 4º de ESO a Londres
e nas que non hai fixadas ningunha actividade cultural, é por isto que vos deixo aquí un traballiño.
Como xa escoitáchedes en varias ocasións, proximamente levarase a cabo a coñecida Avaliación de diagnóstico, así que aquí deixovos un enlace para que fagades unha delas de xeito on line. Pinchade aquí e ide segundo os pasos que vos indica, espero que non vos resulte dificultosa.
No caso de rematar esa proba, hai nestas ligazóns máis probas doutros anos, aquí tamén podedes ver como son os modelos de caderniños como os que vos van a dar a vós para cubrir.
Proba avaliación de diagnóstico competencia matemática 2009.
Proba competencia matemática.
Proba 2001.
A traballar!!!!

28.3.14

Ecuacións 2º ESO

Boletín con moitos problemas de ecuacións de 1º grao para que repasedes.
Nota: este non é o boletín que vos ensinei na clase, está aumentado, antes eran 5 problemas e agora son 11. Engadín máis para que teñades material para repasar porque os problemas cústanvos moito, para o xoves facede só os 5 primeiros para entregar, o resto son para practicar vós e para corrixir na clase. Os que xa fixéchedes os 5 primeiros, seguide cos outros.

19.3.14

A vida de Pi, carnaval de Cádiz

Os compañeiros de Matesy+ compartiron no seu facebook esta simpática chirigota do carnaval de Cádiz adicada á vida do nº Pi, espero que vos guste.