12 de Maio, Día das Matemáticas

RECORDÁMOSVOS QUE no ano 2000, declarado pola UNESCO Ano Mundial das Matemáticas, se instituíu na celebración do día 12 de maio como Día Escolar das Matemáticas pola Federación Española de Sociedades de Profesores de Matemáticas (FESPM). A data elixida para esta celebración, 12 de maio, coincide coa do nacemento do insigne matemático Pedro Puig Adam, que foi o iniciador da didáctica das matemáticas no noso país, e que naceu en 12 de maio de 1900. Con el iniciouse a renovación de ensino das matemáticas en España, na década dos cincuenta, movemento do que a FESPM se sente herdeira. Dende entón, cada ano tivo lugar esta celebración centrándoa nun tema que relaciona as matemáticas con algún outro ámbito do coñecemento.
Este é o resultado da recopilación de Películas con contido matemático feita pol@s alumn@s de 4º de ESO.
Grazas a todos por colaborar, o vídeo da exposición esta no blog da biblio.

To Das

 Este ano celébrase a XI Edición do Día Escolar das Matemáticas e o tema é Prensa e matemáTICas.

Nós traballaremos algunha ficha deste cadernillo feito pola compañeira Elisa Benítez en 4º estamos preparando unha exposición de cine e en 1º e 2º de ESO proxectaremos a curtametraxe, Donald en el país de las MateMágicas.


Preparación da exposición AS MATEMÁTICAS NO CINE

AS MATEMÁTICAS NO CINE

DÍA DAS MATEMÁTICAS CURSO 2008-2009

"Los crímenes de Oxford"


 

DÍA DAS MATEMÁTICAS CURSO 2007-2008

"La habitación de Fermat"