Este curso non actualizamos tanto o blog porque como somos poucos grupos xa imos traballando na aula virtual do centro pero non esquezades que aquí hai de todo e todo é para vós.
Mateblog Fernando Blanco
As matemáticas posúen non só a verdade, senón certa beleza suprema. Unha beleza fría e austera, como a dunha escultura. Bertrand Russell
27.11.15
26.6.15
Materiais de reforzo para as materias non superadas
Os alumnos e alumnas que non acadaron os obxectivos da materia durante o curso irán á avaliación extraordinaria que se celebrará en setembro. Para reforzar esa materia hai aquí na Pestana de exames varios modelos de exames que podedes facer para reforzar os contidos traballados na aula. No caso de Matemáticas de 4º de ESO OpA hai algúns que están desordenados, pronto colocaremos esto de xeito cómodo pero aínda así podedes atopar moitos dos modelos facilmente.
Boas vacacións a todas e a todos!!
29.5.15
Visita de 4º ESO OpA
Hoxe visitaron a exposición os alumnos e alumnas de 4º ESO, Matemáticas aplicadas, a actividade proposta para eles consistía en revisar as esopías e cada unha ds fotografías para logo elixir unha delas e facer en grupos un pequeno proxecto sobre os contidos matemáticos que aparecían nesa foto. Os grupos que elixiron unha foto no que o que se representa é algo descoñecido para eles matemáticamente farán unha pequena investigación sobre o que alí aparece explicado. Logo expoñeremos publicamente eses proxectos.
Etiquetas:
4ESO,
barrie,
exposición,
fotografia,
fundacion
27.5.15
O Agra de Raíces está de sorte!!
Durante dúas semanas o noso instituto conta coa Exposición de Fotografías Matemáticas e Esopías cedida pola Fundación Barrié.
A exposición consta de 5 tótems verticais nos que se mostran:
A exposición consta de 5 tótems verticais nos que se mostran:
- 48 Esopías (relatos ou poemas cunha lonxitude máxima de
140 carácteres e onde cada unha das palabras utilizadas ten un número de letras
igual ás sucesivas cifras do número pi).
- 24 Fotografías Matemáticas (imaxes gráficas comentadas que
resaltan a través de fotografías a presenza constante de elementos matemáticos
ao noso ao redor para poñer de manifesto a súa utilidade na nosa vida cotiá).
Ata hoxe, xa desfrutaron da Exposición os alumnos e alumnas
de 2ºESO A que logo de tratallar na aula coa súa proferosa o significado de
esopía, as matemáticas na natureza e outros lugares, souberon interpretar todas
as fotografías e relatar algo sobre elas antes de revisar o texto. En todos os
casos detectaron os contidos matemáticos alí reflectidos, aínda que non sempre
do mesmo xeito que o fixo o autor.
Etiquetas:
barrie,
exposición,
fotografia,
fundacion,
matematicas
19.5.15
FUNCIÓNS 4º ESO MATEMÁTICAS APLICADAS
Estamos estas semanas explicando os contidos do bloque de funcións de Mate aplicadas de 4º e para entender mellor estas unidades deberíades botar unha ollada ós apuntamentos de 3º de ESO onde se tratan funcións. Para que vos sexa máis sinxelo tedes aquí un recompilatorio dos contidos máis importantes das Unidades de Funcións de 3º e 4º, se tendes claros os contidos tratados nestes apuntes non haberá problema para entender este bloque.
18.5.15
Repaso xeometría 1ºESO
Facemos uso do repositorio abalar para traballar a xeometría de 1º de ESO, entra e observa.
Continuamos con exercicios interactivos de amolasmates.
No seguinte enlace hai exercicios para repasar a sección de áreas e perímetros de 1º ESO, pincha aquí e fai os exercicios.
Continuamos con exercicios interactivos de amolasmates.
No seguinte enlace hai exercicios para repasar a sección de áreas e perímetros de 1º ESO, pincha aquí e fai os exercicios.
12.5.15
27.4.15
Hipatia na Semana Cultural
Logo de gañar o 1º premio do concurso Wikinformática, que tanta repercusión tivo a nivel tecnolóxico, o grupo Hipatia quere mostrar o seu proxecto no centro colaborando nas actividades da semana cultural. Empezamos a nosa sesión pasando unha enquisa ó alumnado, que xa cubriron no seu momento os nosos compañeiros de bacharelato e que foi punto de partida para sacar as conclusións relativas ó noso proxecto.
Pulsa no seguinte enlace e fai a enquisa lendo atentamente as preguntas.
Pulsa no seguinte enlace e fai a enquisa lendo atentamente as preguntas.
Visita á facultade de informática da Universidade da Coruña.
GRAZAS A TODAS E A TODOS POLA VOSA COLABORACIÓN!!!
26.3.15
Boletín para a mellora de contidos de 2º ESO, 2ª Avaliación
Neste enlace aparece unha recompilación de actividades que deberíades facer para mellora-los contidos da 2ª avaliación de matemáticas.
20.2.15
ECUACIONS 2º ESO
Deixovos aquí unhas ligazóns novas para que practiquedes de xeito interactivo resolver as ecuacións de primeiro grado.
Vitutor
Ecuacións sinxelas amolasmates
Ecuacións de 1º grao máis complexas
Autoavaliación
Vitutor
Ecuacións sinxelas amolasmates
Ecuacións de 1º grao máis complexas
Autoavaliación
5.2.15
SÍ SÍ SÍ GAÑAMOS O CONCURSO WikinformáticA
A mediados de novembro a Facultade de Informática da Universidade da Coruña convocou o concurso Wikinformática destinado a estudantes galegos de educación secundaria.
Decidimos participar con 3 equipos, Hipatia, Wonenburger e Gauss formados por alumnas e alumnos de 1º de bacharelato que cursan a materia de TIC.
O concurso mostraba ó alumnado 11 fotos de mulleres científicas que eles precisaban descubrir quen eran para posteriormente elaborar unha wiki en galego con eses datos, participaron connosco no proxecto 19 equipos máis compostos por case 300 alumnos de toda Galicia saíndo a deliberación do xurado durante a celebración da Semana de Anita Borg na Coruña e foi aí onde nos deron a gran noticia, o grupo HIPATIA gañou o 1º PREMIO DO CONCURSO, aínda non conformes con isto, ó equipo Wonenburger adicáronlle unha mención especial ó seu traballo.
EQUIPO HIPATIA: María Lago, Sofía Trillo, Daysi Güiracocha, Lara Lema, Aitor Calo , Alba Trillo e Iván Barrientos coa profe de TIC.

EQUIPO WONENBURGER: Pablo Ríos, Isabel Sixto, Sonia López(profe de TIC), María González, Estefanía Toja, José Miguel Caamaño e Cristian Martínez.
ESTAMOS ENCANTADOS, GRAZAS, GRAZAS GRAZAS!!!
Noticias relacionadas: Quepasanacosta
22.12.14
Suscribirse a:
Entradas (Atom)